El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Melloraranse os accesos e limparase a maleza en seis parroquias de Melide

A.P.   | 16.04.2019 
A- A+

A última xunta de goberno local do Concello de Melide aprobou a realización de distintas actuacións en seis parroquias da vila co obxectivo de mellorar os seus accesos e limpar de maleza as cunetas.

Concretamente as obras implicarán a entrada á Escola de Balta, a pista de Baltar á Uceira en Golán, a de Castiñeiroa cara Casas Novas, en Maceda, ao paso a Xubial dende a AC-840, ao do Pazo de Tarrío, ao Alto e ao acceso a Santalla de Agrón.

As parroquias beneficiarias destos traballos serán Baltar, Golán, Castiñeiroa, Xubial, Maceda e Santalla de Agrón. Na última xunta foi proposta a adxudicación destos labores a Construcciones Leonardo Miguélez, logo de superar todos os trámites administrativos pertinentes. Tamén se solicitou a documentación para seguir co proceso de contratación para a reforma e posta en valor da rúa Mateo Segade Bugueiro.

 


RECOLLIDA. Tamén veñen de anunciar que os días 23 e 24 deste mes terá lugar a campaña de recollida de plásticos agrícolas.