Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mil árbores nativas serán plantadas en Froxán no día mundial dos humidais

    LOUSAME O día 2 de febreiro, celébrase o Día Mundial das Zonas Húmidas, que conmemora a adopción en 1971 da Convención RAMSAR para a protección dos humedais. Para reivindicar a data, as brigadas deseucaliptizadoras plantarán 1.000 árbores nativas na zona húmida de Campo de Lamas, en Lousame, unha das moitas zonas galegas degradadas por décadas de prácticas forestais non respectuosas. Durante 2018 as brigadas realizaron varias intervencións, centrándose na eliminación de especies exóticas invasoras da contorna desta zona húmida, unha turbeira con hábitats de interese prioritario situada na Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán (co Concello de Lousame) recoñecida polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente. Con esta intervención, as entidades promotoras queren destacar a importante función que cumpren as zonas húmidas, en xeral, como reservorios de biodiversidade e infraestruturas naturais para a regulación hídrica e a prevención de incendios, e das turbeiras en particular polo seu papel na loita contra o cambio climático.

    24 ene 2019 / 21:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito