El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Negreira arrasa no Club de debate

FOTO: M.M.
FOTO: M.M.

NEGREIRA. M. MANTEIGA  | 10.04.2018 
A- A+

O vixente bicampeón do Club de debate, o Instituto Xulián Magariños de Negreira, clasificaba para a final a dous dos seus tres equipos concursantes (o 1 e o 2, por esta orde). Mediranse na última proba (no teatro Jofre de FerroL o 5 de maio), contra outros tantos conxuntos do IES de Ames; un do CPI de Dodro e outro do IES Luís Seoane de Pontevedra, e debaterán sobre se As TIC favorecen o uso do galego. Preparou aos barcaleses a profesora María Blanco.