Noticia 1 de 1
Área de Compostela |
RSS
Negreira, capital da ciencia grazas ó congreso de Enciga do día 17 ata o 19
Organiza o instituto Xulián Magariños e servirá para formar a centos de docentes
M. MANTEIGA | 02.11.2016
A Barcala. O instituto Xulián Magariños de Negreira organiza, do 17 ao 19 deste mes, o XXIX Congreso de Ensinantes de Ciencia de Galicia, Enciga, que coordinarán o director do IES, Adelino Pose, con Francisco Rañal. E, ao fío, Pose apelaba a oportunidade que supón esta iniciativa para que os profesores se adapten aos novos tempos, xa que resulta vital “manterse ao día das innovacións didácticas que se están a producir”, sinalaba.
Ademais de conferencias, obradoiros e debates, o programa inclúe comunicacións e mostras de materiais, tamén haberá visitas e actos sociais que levarán aos docentes que se acheguen ata a capital barcalesa a coñecer o funcionamento de Feiraco, a plataforma loxística do Sergas, a planta de compostaxe de Lousame ou a algúns dos monumentos da comarca, como o Pazo do Cotón ou A Ponte Maceira.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt
