El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Noia acolle a mostra 'Unha década das letras 73-82'

Nesta exposición poderanse contemplar as obras de varios escritores galegos

De esquerda a dereita,  o secretario Víctor Piñeiro, o edil José Pérez e Rafael Piñeiro, presidente da asociación - FOTO: ECG
De esquerda a dereita, o secretario Víctor Piñeiro, o edil José Pérez e Rafael Piñeiro, presidente da asociación - FOTO: ECG

JUAN CAAMAÑO   | 09.11.2018 
A- A+

A casa da cultura Antón Avilés de Taramancos acolle desde esta semana ata o vindeiro 14 de novembro a exposición Unha década das letras 73-82, pertentence ao programa Letras ó Camiño. Esta mostra ten como obxectivo facer un achegamento actualizado á obra dos escritores aos que foi dedicado o Día das Letras Galegas.

Debido a boa acollida que tivo lugar durante a exposición do ano pasado, presentase nesta edición unha exposición renovada, onde mostra os homenaxeados dos anos 1973 ata o 1982.

O xoves 8 as 12. 00 horas celebrarase un acto no que o presidente da Asociación, Rafael Piñeiro presentará a exposición e con axuda do secretario, fará entrega ó Alcalde, Santiago Freire e o concelleiro de cultura, José Pérez do Broche dos Bos e Xenerosos.

A Asociación Cultural O Ferrado de Asados quixo agradecer por primeira vez en Noia a boa acollida ofrecida polo Concello.

Na exposición, persoeiros como Antón Vilar, Vicente Risco ou Manuel Antonio comparten protagonismo nos dez paneis que a compoñen con outros ilustres escritores como Cabanillas ou Manuel Lago.

A exposición itinerante Unha década das letras 73-82 completase co proxecto do Oral ó Escrito, no que identifica a tradición oral e procuran levalos ao escrito para recuperalos e que perduren no tempo. O vindeiro fin de semana, do venres 16 ao domingo 18, chegará ao Sociedade Liceo de Noia outra exposición, neste caso as Primeiras Xornadas de Cómic V de Viñetas. Estará marcada polas exposicións Cómic Marvel ou A viñeta de Schroedinger, e polos distintos obradoiros que se realizarán. Asistirá e participarán neste evento artistas como Kiko da Silva, Fernando Iglesias ou Miguel Anxo Prado. Tamén se poderá visionar unha película de Marvel.

O presidente da Sociedade Liceo de Noia, Óscar Prego, sinalou que dende fai varios anos o Liceo de Noia conta coa actividade de iniciación ao cómic dirixida polo noiés Alfonso Barreiro, polo que "realizar unhas xornadas deste tipo sempre foi unha ilusión, ademais creemos que é a primeira que se vai a desenvolver na nosa contorna, polo que agardamos boa participación", explicou.