El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Noia contará cunha nova exaltación do berberecho

Nesta terceira edición poderá degustarse o bivalvo estrela da comarca // Haberá varias charlas técnicas onde se diferenciará o produto local do foráneo e estarán presentes o cociñeiro Paco Roncero e a xornalista Àngels Barceló

Un mariscador chegando á zona portuaria de Testal con varios quilos de berberecho.  - FOTO: ECG
Un mariscador chegando á zona portuaria de Testal con varios quilos de berberecho. - FOTO: ECG

JUAN CAAMAÑO   | 11.10.2018 
A- A+

As Xornadas de Exaltación de Berberecho darán comezo na vila noiesa o vindeiro día 19 e prolongarase ata o 21 de outubro.

Esta terceira edición gastronómica foi presentada onte no salón de plenos do concello de Noia, no que estiveron presentes o edil de Cultura José Pérez, a concelleira de comercio Mariola López, o patrón maior Santiago Cruz e o secretario da confraría de Noia Adelo Freire. Tamén acudiron ao acto os representantes de Cáritas e de Cruz Vermella do municipio.

No acto de presentación José Pérez quixo destacar a exaltación popular que terá lugar o domingo día 20 e que está enmarcada dentro da programación. "Na alameda de Noia daremos berberecho tanto en empanada como en arroz. A idea é que o custo sexa o donativo dun euro para axudar a Cruz Vermella e a Cáritas xa que estas asociacións colaboran con todos a diario".

Este ano, o municipio noiés contará coa presencia do cociñeiro Paco Roncero, considerado un dos máximos representantes da cociña de vangarda en España. Nas dúas pasadas edicións estas Xornadas de Exaltación do Berberecho tamén contaron coa presenza doutros grandes profesionais, coma Chicote ou os irmáns Torres.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt