El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Noia plantou cara ós salazoneiros en 1788

Os veciños rexeitaban que os industriais construiran fábricas fóra do casco urbano, en zonas como Boa e Portosín, para non pagar impostos// A revolta trasladouse a Muros

Unha das conserveiras cuxas instalacións aínda están ubicadas no barrio do Campo de Noia - FOTO: G.
Unha das conserveiras cuxas instalacións aínda están ubicadas no barrio do Campo de Noia - FOTO: G.

MANOLO GIL  | 12.09.2015 
A- A+

Noia rebelouse contra os fomentadores salazoneiros cataláns no ano 1788. Segundo recolle o investigador Xerardo Agrafoxo na súa obra 400 anos na historia da vila de Noia, a rebelión xurdiu cando os salazoneiros comezaron a construí-las súas fábricas en territorios afastados do casco urbano en zonas como Boa e Portosín. Deste xeito, co pretexto de que as factorías necesitaban o mar a carón das súas instalacións para recibi-las materias primas necesarias, tentaban librarse das presións tributarias que impoñía o Concello de Noia a tódolas industrias situadas na mesma vila.

O escritor noiés recolle un traballo de Gutiérrez de Velasco sobre estes feitos. "Algunos salazoneros intentaron desobedecer las advertencias del ayuntamiento noiés y comenzaron a construir almacenes en la parroquia de Boa. Fue entonces cuando los vecinos de Noia reacionaron violentamente y derribaron los edificios que se pretendían destinar a industrias de salazón".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt