El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Novas balizas nos peiraos de Camelle, Muxía e Corrubedo

J. M. RAMOS   | 11.01.2019 
A- A+

CAMARIÑAS Portos de Galicia renovou preto de medio cento de sinais de balizamento na contorna dos peiraos autonómicos, entre elas as de Muxía, Corrubedo e Camelle. O presidente do ente, José Juan Durán, estivo onte en Camelle onde se instalou unha baliza de "espeque ou torpedo", que destaca pola súa adaptabilidade a espazos de condicións climatolóxicas extremas. O custe foi de preto de 10.000 euros.