Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novo atraso para a administración electrónica amesá

Excluíron ás dúas empresas que se presentaron // Antes faltou un sobre

O PP de Ames tilda de "manipulación" unha información da publicación municipal 94 km do tripartito, na que enumeran as virtudes dunha nova sede electrónica "que se licitou en decembro". E a realidade é que, unha vez máis, o proceso vaise demorar despois de que, hai apenas uns días, non se admitisen por cuestións técnicas, as únicas dúas empresas que concorreron ao proceso de implantación da administración dixital. O tripartito, pola súa banda, cre que "é algo alleo á administración que as empresas cumpran ou non cos procedementos e os pregos", e anuncia que iniciarase un novo proceso, lembrando que o PP non foi quen de licitalo "en 4 anos".

Segundo os populares, a nova non deixa de ser "outra das innumerables manipulacións informativas coas que o tripartito acostuma a bombardear", acusándolle de usar partidistamente, e para facerse propaganda, cartos públicos. O deseño e implantación da administración electrónica é unha importante actuación recollida no Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020, financiada ao 80 % con fondos DUSI e que, segundo o PP, "debía estar executada a 31 de decembro".

Ao fío, lembran os problemas que atravesou o proceso, que comezaron cun erro material na configuración dos sobres de licitación (esqueceron o terceiro), o que obrigou ao desestimento da licitación. Daquela, o rexedor calificou de "noxento" que se divulgase o erro do seu persoal. Xa o 18 de xaneiro retómase o proceso, pero rematouse excluíndo ás dúas empresas por incumprimentos das bases e de "varios aspectos".

Agora, o tripartito di que no novo procedemento contará con Balidea e o Colexio de Informáticos.

13 feb 2019 / 22:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito