El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Novo sendeiro entre Merexo e Os Muíños para peregrinos

A Deputación mellorará tamén a estrada de acceso á praia do Lago // O investimento total supera o medio millón de euros

O alcalde de Muxía, Félix Porto, á esquerda, co deputado de Plans Provinciais, Xosé Regueira - FOTO: ECG
O alcalde de Muxía, Félix Porto, á esquerda, co deputado de Plans Provinciais, Xosé Regueira - FOTO: ECG

JOSÉ M. RAMOS   | 11.08.2018 
A- A+

O Concello de Muxía reforzará a seguridade dos peregrinos que camiñan a diario cara o santuario da Virxe da Barca coa creación dun novo sendeiro xacobeo entre os núcleos de Merexo e Os Muíños.

Terá unha lonxitude de 1,4 quilómetros e ocupará a marxe dereita da calzada que conecta os referidos núcleos. Estará configurado por adoquíns de formigón envellecido, na procura de reproducir o aspecto do antigo pavimento románico e acadar unha integración perfecta na paraxe rural. Así o contempla o convenio de colaboración asinado onte polo mandatario local de Muxía, Félix Porto, e o deputado responsable de Plans Provinciais da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt