El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A obra 'Pallaso', de Fernando Castro, gaña o Varela Buxán

A.P.   | 12.12.2017 
A- A+

A ESTRADA Onte reunironse na sala de xuntas do Concello da Estrada os membros do xurado da sexta edición do premio de dramaturxia Manuel Daniel Varela Buxán. O traballo premiado foi a presentado baixo o lema Óptimo Máximo, que unha vez aberta a plica se correspondía coa obra Pallaso, de Fernando Castro Paredes.