Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A obra 'Voz do arqueiro' de Antón Blanco gaña o premio Eusebio Lorenzo Baleirón

    DODRO O poemario Voz do arqueiro de Antón Blanco Casás, foi elexido polo xurado como o gañador do XXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, un dos máis afamados e antigos da nosa lingua, que ten por obxecto contribuír á reafirmación da lírica e cultura galega e honrar a memoria do poetanado en Dodro. O xurado, integrado por catro persoas, elexiu esta obra por "a construción e a sintaxe xunto cunha escolla léxica moi coidada". O fallo deuse a coñecer trala xuntanza que tivo lugar na casa da cultura e logo de celebrarse a tradicional ofrenda floral e recitado de poemas a Eusebio Lorenzo Baleirón (1962-186), no cemiterio de San Xián de Laíño, onde está enterrado. Hoxe presentarase a ruta Os días olvidados, que percorre os lugares nos que viviu o poeta (1962-1986). Actividade que contará coa presenza de Manuel Lorenzo Baleirón, irmán de Eusebio e responsable do deseño do itinerario xunto con Xoán Xosé Vicente, concelleiro de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro. Será o vindeiro 21 de decembro, ás 17.30, cando se celebre no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón o acto oficial de entrega do premio.

    14 dic 2019 / 23:44
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito