Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiro amesán de colos musicais e arrolos o día 29

    AMES Leticia Falcón, especialista en estimulación musical temperá, ofrecerá un obradoiro de arrolos e colos musicais o vindeiro sábado, 29 de febreiro, na aula de usos múltiples da casa da cultura do Milladoiro, con dúas sesións, unha ás 11.00 e outra ás 12.00 horas. A actividade está destinada a familias que se encontren agardando un bebé ou con crianzas que aínda non camiñen. A inscrición, dispoñible ata o 28 de febreiro, realizarase enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

    Apego é un programa colectivo de varios concellos que promove a transmisión do galego como lingua inicial nas familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos, así como axudar á socialización en galego dos rapaces máis novos de cadanseu municipio.

    21 feb 2020 / 21:01
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito