Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ocio cultural e deportivo para axudar a conciliar no verán en Camariñas

    Camariñas. O Concello de Camariñas vén de publicar a súa programación cultural e deportiva para o verán que, durante os meses de xullo e agosto, de 10.00 a 13.30 horas, facilitará a conciliación das familias.

    Os nados entre 2013 e 2015 poderán participar nun obradoiro que inclúe saídas ás praias, festas de disfraces, comidas saudables e talleres manuais, namentres que os nados do 2010 ao 2012 poderán realizar rutas de sendeirismo, actividades nos areais, olimpíadas infantís, cursos de primeiros auxilios, orientación e reciclaxe.

    Pola súa banda, os nados dos 2005 ao 2009 xuntaranse no peirao novo de Camariñas para gozar de actividades de aventura, unha saída BTT, orientación polo monte, sendeirismo, multideporte e xogos no mar, entre outras.

    O prazo para inscribirse estará aberto ata o día 24 de xuño, e tamén se abríu a inscrición para actividades náuticas. Haberá servizo de transporte.

    11 jun 2019 / 21:01
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito