El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Ofensiva de Casalonga Limpa de Residuos para mudar normativas

Concentración de membros da plataforma en Teo - FOTO: P.L.
Concentración de membros da plataforma en Teo - FOTO: P.L.

M. OUTEIRO TEO   | 07.12.2018 
A- A+

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos de Teo vén de pór en marcha unha ofensiva para mudar as normativas actuais e impedir que volvan a intentar abrir vertedoiros e plantas de reciclaxe de lixo preto das súas vivendas. Fixérono, ademais, a nivel local, autonómico e estatal.

Deste xeito, e tal coma confirman os seus voceiros, a plataforma teense presentou esta semana tres escritos diferentes: un para o Ministerio de Transición Ecolóxica do Estado, outro para o Parlamento galego e o último para o Concello de Teo. Nesas interpelacións solicitan cambios normativos para impedir a construción dun vertedoiro de nove millóns de metros cúbicos de residuos na canteira en desuso da Casalonga. A do Parlamento galego entrou por rexistro o día 4 , e foi dirixida a cada un dos grupos políticos instando á protección do solo rústico, das canteiras sn uso e unhas distancias mínimas ás casas. Unha xornada máis tarde, o 5 de decembro, presentou no rexistro do Concello de Teo outro escrito dirixido ao alcalde -e con copia a todos os grupos políticos municipais-, instando á modificación do PXOM para que se protexa o monte da Casalonga. E ese mesmo día levaron un terceiro para o Ministerio de Transición Ecolóxica no que se insta ao goberno a cambiar a normativa estatal, concretamente os reais decretos 975/2009 e 105/2008 que obrigan a restaurar as canteiras que estean en desuso con calquera tipo de materiais, chamándolle "materiais valorizados" só polo feito de enterralos.

Segundo os membros da plataforma teense, "as empresas que xestionan residuos aproveitan estes resquicios legais para instalar vertedoiros altamente contaminantes en lugares totalmente inapropiados como aqueles pretos ás casas, densamente poboados e cun gran patrimonio histórico e cultural como é o caso do entorno da Casalonga, no Concello de Teo".

Pola súa banda, o portavoz de Medio Ambiente do Partido Popular no Parlamento de Galicia, Gonzalo Trenor, quixo lembrar á oposición que "a normativa actual e o planteamento urbanístico son máis que suficientes para evitar a instalación de plantas de residuos nos concellos".