El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Organizan dúas andainas benéficas en Barbanza

Rianxo destinará os fondos a un colectivo animalista e Ribeira, á asociación Agadea

S. S.   | 11.08.2018 
A- A+

Os concellos barbanzáns de Rianxo e Ribeira organizaron para este mes dúas andainas de carácter benéfico. A primeira delas terá lugar hoxe sábado ás 21.30 horas en Rianxo. Trátase da III Carreira-Andaina Nocturna Castelo da Lúa, organizada polo Concello e a asociación Barbantia Roda.

Os ingresos íntegros por inscricións e dorsal cero irán a beneficio da asociación Callejeros Barbanza, que loita polo benestar animal. A andaina terá un percorrido de 4.500 metros e a carreira de 6.500, ambas con saída dende a Praza de Castelao e con percorrido rápido e adaptado para calquera tipo de participante.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt