El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A barcala-xallas

Organizan unha ruta con visita ó petroglifo de Beca

C. B.   | 07.11.2015 
A- A+

TEO Enmarcado nos actos previstos da Feira do San Martiño de Teo, o Concello realizará mañá un roteiro para coñecer a contorna da carballeira. Para participar nesta actividade só fai falta achegarse ata a carballeira de Francos ó redor das 11.30 horas. Dende alí, o grupo sairá cara Cabanas, Beca e Xinzo facendo unha parada especial para ver o petroglifo de Beca.