El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Outes acolle este xoves unha charla sobre o gas radón

Juan Miguel Barros, director do grupo de investigación do radón na USC acudirá a Outes para participar na charla sobre o gas.
Juan Miguel Barros, director do grupo de investigación do radón na USC acudirá a Outes para participar na charla sobre o gas.

J. C.   | 18.12.2018 
A- A+

Este xoves a partir das 19.00 horas, a casa de cultura do municipio outiense acollerá unha charla sobre a posible agrupación de casos de cancro en relación co gas radón na área do Cruceiro de Roo. Á charla desprazaranse o xefe de epidemioloxía, Jorge Suanzes e o director do grupo de investigación do radón na Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Barros. Os residentes na parroquia de Roo recibiron en abril os medidores do gas despois de que varios veciños o pediran xa que un médico da localidade, José María Dios, cifra en 86 os diagnósticos da enfermidade dende o 2015. Outes é un dos concellos máis afectados do Barbanza e calcúlase que o 10% das vivendas teñen unha concentración maior da recomendada.