El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Panxoliñas co fin de impulsar o uso da lingua galega en Zas

J. M. R.   | 07.12.2018 
A- A+

Zas. O Concello de Zas vén de abrir o prazo para participar no concurso de Nadal PanxoliñaZas, que naceu co fin de fomentar o uso da lingua galega e das novas tecnoloxías, así como de manter as tradicións.

Poderá participar toda a veciñanza de Zas, tanto de forma individual como en grupo. Os interesados deberán gravar un vídeo cantando unha panxoliña ou un canto de Aninovo que poden ser tradicionais ou de creación propia. O único requisito é que sexa en galego. O prazo de presentación dos traballos remata o día 21 de decembro.

Os vídeos poden enviarse por correo electrónico ao enderezo turismozas@gmail.com, a través da plataforma Wetransfer ou entregarse nun lápis de memoria nas dependencias municipais. Os traballos penduraranse na páxina de Facebook Concello de Zas Actualidade Municipal, do 22 ao 27 de decembro para que os internautas voten. Haberá catro premios de 100 euros cada un.