Noticia 1 de 1
Área de Compostela |
RSS
Piden que se doble a aula de primeiro do CEIP O Areal
J. M. | 12.10.2018
Camariñas. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, e o tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, acompañados dos directores do CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto, demandaron ao xefe territorial de Educación diversas melloras. A máis urxente é a petición de que se doble a aula de 1º de primaria do colexio O Areal, que conta con "26 nenos e nenas nunha soa aula, e esta situación é perxudicial tanto para alumnos como para profesores", aseguran.
Tamén lle solicitaron que se atendan as citacións das ANPAs, que se retome a substitución gradual de ventás e que se cambien os teitos dos patios cubertos "xa que teñen goteiras". Tamén pediron a desafectación da escola unitaria de Xaviña e que se habilite a casa do conserxe do CEIP de Ponte do Porto para acoller o Museo Etnográfico de Ponte do Porto. Para Camelle demandan melloras da Wifi, o cambio de oredenadores e un espazo cuberto para Educación Física.
