El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Piden os populares que a mina cumpra a normativa

J. P.   | 12.06.2019 
A- A+

TOURO O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco insistiu onte no pleno do Parlamento en que "a nosa postura respecto ao proxecto de reapertura da mina de Touro segue a ser a mesma que vimos mantendo desde o primeiro día: nin a favor nin en contra, tramitación ordinaria

e absoluto e estrito cumprimento da lei e da normativa ambiental", sentenciou. Lembrou ademais que, cos informes emitidos, a Xunta "xa manifestou que o proxecto non era viable, sinalando que era preciso introducir modificacións para seguir coa tramitación, como así se está facendo, e non por favor extraordinario algún, senón porque os promotores teñen dereito en cumprimento da lei". Apuntou que "as autorizacións non poden depender de si nos gustan ou non".