El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O plan autonómico de banda larga dota ao polígono de Muros con internet de 350 megas

J. C.   | 07.12.2018 
A- A+

Muros. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o polígono industrial de Muros acompañado polos empresarios do parque empresarial. Se trata dunha das novas áreas empresariais que se incorporaron este ano á actuación de despregamento en polígonos do Plan de banda larga da Xunta e o operador R, e que en 2018 completou a súa implantación en oito parques empresariais da provincia.

Os parques beneficiados foron O Acevedo, en Cerceda; Curtis-Teixeiro; Cruz das Cabezas, en As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Muros e Boqueixón. Rodeiro lembrou que grazas a este proxecto, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o 98% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100 Megas antes do remate do presente ano.

As empresas dos polígonos beneficiadas desta actuación do plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 megas de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas. Para complementar esta actuación, no marco do plan a Amtega puxo en marcha unha liña de axudas para facilitar o acceso a internet ultrarrápida de empresas illadas. Tras unha primeira liña de subvencións a empresas e autónomos con 400.000 euros en axudas en 2017, a Amtega vén de abrir unha segunda convocatoria cun importe de 600.000 euros máis.

As axudas se poden solicitar ata o 31 de xaneiro de 2019 e subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000 € por proxecto. Non obstante, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000 €.