El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O plurilingüe de Palmeira, premiado polo seu plan de formación do profesorado

Recoñécese o seu contido innovador, o traballo en equipo e os recursos tecnolóxicos utilizados

O CEIP de Palmeira, premiado polo seu plan de formación - FOTO: ECG
O CEIP de Palmeira, premiado polo seu plan de formación - FOTO: ECG

JUAN CAAMAÑO   | 08.11.2018 
A- A+

O Colexio Plurilingüe de Palmeira foi premiado pola Consellería de Educación polo seu traballo Proxectos de Formación Permanente do Profesorado CEIP Palmeira-Enfoque TIC que recoñece a calidade dos plans de formacións deseñados polos colexios e institutos desenvolvidos durante o pasado curso 17/18.

A iniciativa, desenvolvida en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), afonda na integración didáctica das TIC a través da elaboración de contidos dixitais para a educación infantil ou para a edición de vídeos.

Desta maneira para a concesión dos premios valorouse o contido innovador e a transferibilidade do proxecto, os recursos tecnolóxicos utilizados, o traballo multidisciplinar e en equipo, o grao de implicación da comunidade educativa, os recursos achegados á comunidade e o desenvolvemento das competencias profesionais docentes.

Así mesmo, o CEIP situado en Palmeira decidiu crear un Patio Sensorial para o que xeraron unha gran cantidade de materiais manipulativos. No curso 2017/18 sete de cada dez centros de ensino públicos, sendo un total de 688 centros desenvolveron un Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) con unha ou máis liñas formativas, plans que teñen como obxectivo perfeccionar as competencias profesionais dos distintos docentes.

Detección das necesidades

•••Os proxectos están baseados na análise e na detección das necesidades educativas do centro e propoñen estratexias de carácter didáctico e metodolóxico por medio do traballo colaborativo e adaptado a cada contexto.

 

•••A súa finalidade é mellorar o ámbito organizativo ademais da xestión e organización dos centros, afectar cualitativamente á contorna familiar e institucional ou contribuír á elaboración e uso de recursos multimedia interativos para perfeccionar as competencias profesionais dos docentes.

 

•••Segundo explican desde o centro educativo, todos e cada un dos proxectos están deseñados co apoio dun Centro de Formación e Recursos (CFR) ou do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e son desenvolvidos baixo a súa supervisión e garantizar desta maneira a implicación do conxunto da comunidade educativa.