El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Ponteceso recibirá unha subvención de 12.000 € para o programa Respira

J. M. R.   | 11.08.2018 
A- A+

O Concello de Ponteceso vén de recibir a puntuación máis alta dos 18 municipios galegos que se beneficiarán das axudas da Secretaría Xeral de Igualdade para actividades de promoción da igualdade a través, entre outros, de programas de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Recibirá unha subvención de 12.000 euros cos que financiará o 79% do custo do programa Respira, no que están a participar nestes momentos 42 nenos e nenas, entre Ponteceso e Corme. O plan ponse en marcha tanto no verán coma na Semana Santa.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt