El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Porto do Son substituirá preto dun centenar de luminarias por leds para baixar o consumo

J. C.   | 07.12.2018 
A- A+

Porto do Son. O Concello de Porto do Son vén de conseguir unha subvención do IDAE de 296.000 euros, cunha aportación municipal de fondos propios de 74.000 euros para substituír máis de 938 luminarias no municipio por les de baixo consumo.

Dende o ano 2011 o Concello puxo en marcha un plan de aforro de Enerxía Eléctrica na iluminación pública, co que se agarda aforar un 32% na factura eléctrica anual,que veñen sendo arredor de 65.000 euros ao ano. Nos vindeiros meses renovaranse as instalacións do alumeado exterior dos viais e interior dos núcleos rurais do municipio sonense.

Entre os lugares están Caamaño, Portonadelas, Curro, Abuín, a praia de Aguieira ou Queiruga entre moitos outros, que verán tamén resoltas algunhas das súas deficiencias. De dende o propio Concello sonense destacan que dos 4031 puntos existentes xa foron substituídos 841. Tamén sinalan o cambio e actualización dos cadros e mandos para adaptalos a normativa vixente, o que suporá suporá unha diminución da potencia instalada de 132,54 kw a 34,02 kw é un aforro enerxético estimado do 71% na parte da instalación afectada.