El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Prevé aprobar o goberno amiense os orzamentos o vindeiro xoves

M.B.   | 17.02.2020 
A- A+

Dende principios de ano, o goberno municipal de Ames, según sinala en nota de prensa, mantivo contactos cos diferentes grupos políticos da oposición e deu un prazo para achegar propostas co obxectivo de tratar de chegar a acordos para a aprobación dos orzamentos municipais de 2020.

O executivo local indica que tamén levou á Mesa Xeral de Negociación, cos representantes sindicais do persoal municipal, o crédito asignado ao Capítulo I de persoal, que foi aprobado por maioría.

Unha vez rematado este proceso de negociación, convocouse a Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas para hoxe, ás doce da mañá, coa idea de emitir ditame e debater a aprobación inicial de dito orzamento municipal nun pleno ordinario que se celebrará o vindeiro xoves.

A reunión convocada para hoxe celebrarase no salón de plenos do consistorio amiense coa presenza do alcalde, José Miñones; a concelleira de Economía e Facenda, voceira de Contigo Pódese e terceira tenente da Alcaldía, Genma Otero; o voceiro do BNG e primeiro tenente da Alcaldía, David Santomil; e o voceiro do PSdeG e segundo tenente da Alcaldía, Blas García.