El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Programa de voluntariado para 8 mozos amienses

C. E   | 24.07.2019 
A- A+

AMES A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames desenvolve de novo este verán un programa de voluntariado. Nel participan oito mozos de entre 16 e 30 anos. O equipo colabora na organización de distintas actividades municipais, como é o campamento urbano que se celebrou na Aula da Natureza. A iniciativa busca apoiar a participación dos máis novos.