El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Protección Civil de Noia xa ten novos equipos para combater a vespa asiática

Recibiu por parte do Concello de Noia dous traxes especiais e unha pértega de 27 metros con dous punteiros inxectores

O alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, fxeron entrega do material - FOTO: N.C.
O alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, fxeron entrega do material - FOTO: N.C.

JUAN CAAMAÑO. NOIA   | 15.09.2018 
A- A+

O Concello noiés aumenta os seus equipos de loita contra a vespa velutina. A Consellería do Medio Rural entregou ao consistorio dous equipos de protección individual ademais dunha pértega, que servirán para a retirada dos niños.

No día de onte os membros de Protección Civil recibiron este material da man do alcalde de Noia, Santiago Freire, e da concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri.

Estes equipos para a protección individual están compostos por un traxe de dobre capa para garantir a protección dos efectivos durante a retirada dos niños desta especie invasora.

Ademais, os membros de Protección Civil contarán cunha carapucha de rexilla plástica que á súa vez permite ter unha visión periférica, e a ventilación unido ao corpo a través dunha cremalleira con dobre separador, así como un casco homologado axustable con viseira de policarbonato e reforzo de aluminio e protección da caluga.

Tamén contarán cunha pértega de 27 metros de largo que está dotada de dous punteiros inxectores de distinta lonxitude para os niños de tamaño grande ou pequeno. Esta pértega conta ademais cun sistema impulsor e bomba de accionamento manual.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt