El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

CARBALLO

Protesta contra os eólicos de Bustelo, Campelo e Toural

R. L.   | 15.10.2019 
A- A+

Veciños e veciñas dos concellos afectados polos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Toural, así como polas liñas de alta tensión que darían saída á enerxía producida cara O Mesón do Vento, concentráronse o domingo na rúa Coruña, de Carballo, un dos municipios afectados. Quixeron así dar visibilidade á problemática e amosarlle á poboación en que consisten os proxectos e as súas consecuencias.