El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

'Proxecto Libertas' chega o día 18 á Fundación Cela

ARCA   | 11.01.2019 
A- A+

PADRÓN A concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, anunciou que o vindeiro día 18 ás 19.00 horas inaugurarase nas dependencias da Fundación Pública Galega Camilo José Cela a exposición Proxecto Libertas, promovida desde o Concello e que pretende poñer en valor a fraxilidade do dereito da liberdade de expresión na literatura e o xornalismo. Nesta exposición artística, creada polo presidente do Instituto de Mediación Educativa de Ribeira, Olegario Sampedro, empréganse formatos diversos e pouco comúns, como botellas, madeiras do mar, libros queimados ou pezas de gran formato. A mostra estará aberta desde o 18 de xaneiro ata o 2 de marzo, de martes a sábado, en quendas de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.