El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Queren garantir na Policía amesá o apoio ós seus complementos e rápida aplicación

M.M.O.   | 11.01.2019 
A- A+

AMES Os representantes sindicais da Policía de Ames suliñan que introduciron variacións nos seus prantexamentos no preacordo coa alcaldía sobre a aplicación dos complementos que lles recoñece a lei. Pero, segundo CC OO (o outro sindicato é o Csif), trátase de cuestións ineludíbeis que "non van impedir que sigamos a aplicar as medidas de presión que, sen embargo, estamos dispostos a atemperar no caso de que existan avances, pero nunca a abandoar". Trátase, no referido ao complemento de destino, a introducir unha garantía de respaldo plenario, "aínda que o rexedor dixo que se ía abster", polo que unha solución efectiva quedaría en mans da oposición (que, por outra banda, ten a maioría dos votos na Corporación, con doce de vinteún). E no complemento específico, "propuxemos acurtar os prazos, porque fomos informados de que a solución se ía dilatar polo menos ata as eleccións do vindeiro mes de maio", algo que ao seu xuízo é un prazo demasiado longo. A este respecto, quedaron en volver a reunirse baixo o paraugas do Consello Galego de Relacións Laborais. Do plantel policial de 21 xentes, chegou a estar de baixa o 85%.