El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Reclaman seguridade na xestión do punto limpo e o mantemento en Ordes

O Bloque divulga que a actual concesionaria está a pasar por unhasituación de insolvencia

M.O.   | 24.08.2018 
A- A+

Ordes. O BNG de Ordes insta ao rexedor a garantir o funcionamneto do punto limpo, ao coñecerse que "a compañía Soil Recovery S.L. ven de anunciar unha situación de insolvencia", suliñan os nacionalistas.

Esta empresa xestiona no Concello de Ordes o servizo de explotación do punto limpo e tamén o servizo de conserxería, mantemento e limpeza de edificios culturais e deportivos, neste último caso a través da UTE Soil Recovery, S.L.-Cycle Servicios Integrales, C.E.S.L. Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, expón que "esta situación pode impedir a axeitada prestación dos servizos ante a falta de subministracións e maquinaria", ademáis da preocupación dos traballadores".

O edil ordense insta ao alcalde a que "faga as xestións precisas para garantir a axeitada prestación dos servizos afectados, así como velar polo respecto dos dereitos dos traballadores; recorrendo se é preciso a unha nova licitación ou mesmo á municipalización dos servizos". Hai que lembrar que o servizo de explotación do punto limpo foi adxudicado en 2016 e, este mesmo ano, o resto dos servizos a unha UTE que inclúe a citada firma, polo que piden explicacións sobre a súa solvencia.