El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Recollidos máis de 6.000 quilos de aceite usado nos colectores carballeses

J. M. R.   | 11.01.2019 
A- A+

Carballo. O Concello de Carballo recolle unha media de algo máis de 1.200 quilos ao mes de aceites usados dende a instalación de novos colectores. Nos últimos cinco meses evitaron que acabasen nos sumidorios un total de 6.072 quilos, que suporían a contaminación de 6,6 millóns de litros de auga.

Actualmente en Carballo hai 22 puntos de recollida, a maior parte distribuídos polos barrios do casco urbano. A experiencia piloto que comezou en Razo, Pedra do Sal e Berdillo estase a estender polas parroquias a petición da veciñanza, e nestes momento hai contedores en Ardaña e Sísamo.

Para facilitar o depósito, o Concello ofrece á veciñanza funís adaptables ás botellas, que poden solicitarse de balde e ata fin de existencias no departamento de Medio Ambiente.

Pola súa banda, a empresa de recollida de residuos Urbaser puxo en marcha esta semana o primeiro lavado do ano dos 2.775 contedores existentes.