Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
historia de Galicia

Regresa a Padrón un dos arquivos de primeira magnitude para Galicia

O fondo documental da familia Baltar está composto por máis de 400 documentos inéditos de Rosalía, Castelao ou Alfredo Brañas // Estará depositado na Casa da Matanza

    A Casa Museo Rosalía, (A Matanza-Padrón) será a depositaria dun importante fondo documental para a historia de Galicia. Trátase do arquivo dos padroneses Ramón Baltar Feijóo e Ernesto Baltar Santaló. O arquivo contén documentación valiosa e inédita, composta por 455 pezas (datadas dende 1883 ata os anos vinte do S. XX) procedentes da familia Baltar. Un fondo recollido polo que fora farmaceútico, alcalde de Padrón entre 1883 e 1890 e protector do matrimonio Murguía-Castro, Ángel Baltar Varela, e por Ramón Tojo Pérez, marido de Robustiana Baltar Cortés e un dos fundadores da Academia Galega.

    Este importante legado, que está en mans da familia en Madrid, regresará novamente a Galicia e, en concreto a Padrón, grazas ao acordo firmado onte na Casa de Galicia en Madrid polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e os fillos de Ramón Baltar Feijóo: Dolores, Yago e Ernesto Baltar García-Peñuela (tataranetos de Ángel Baltar).

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    19 may 2016 / 20:50
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito