El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Renovarán a rede pluvial da vía AC-429 en Cabana

J. M. R.   | 26.03.2020 
A- A+

A Consellería de Infraestruturas vén de adxudicar a Construcciones López Cao S.L. as obras de substitución da recollida de augas pluviais na beiravía da estrada AC-429, en Cabana de Bergantiños.

Os traballos contan cun investimento de máis de 46.000 euros e teñen un prazo de execución dun mes. Non obstante, o seu inicio está condicionado pola situación excepcional do estado de alarma.

Os traballos levaranse a cabo no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 3+920 e 4+140, nunha beiravía que se usa como aparcadoiro. Demolerán o pavimento actual e extraerán a tubaxe antiga para substituíla por outra de PVC. Fresarase e repoñerase a beiravía.