El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Reunión en Arzúa para establecer liñas de traballo contra a violencia de xénero

A.P.   | 16.04.2019 
A- A+

A casa do concello de Arzúa vén de acoller unha reunión de coordinación na que participaron membros do cuartel da Garda Civil, xunto co persoal técnico municipal da área de Benestar Social e Igualdade. O motivo foi manter liñas de traballo colaborativo e coordinación en prol da loita contra a violencia de xénero. Estiveron tamén presentes o alcalde do municipio, José Luis García, e a concelleira responsable desta área, Aurora Varela. A xuntanza súmase ás xa tidas o ano pasado e que serven

de base para a convocatoria da próxima Mesa de coordinación contra a violencia machista, onde se traballará desde o eido

sanitario, educativo, social, de seguridade, psicolóxico e xurídico. Por certo que o municipio conta cun Centro de Información ás Mulleres (CIM) onde todas as que o necesiten poden recibir asesoramento xurídico, psicolóxico e sobre distintos recursos en prol da igualdade. Ademais ofrécense conferencias e actividades culturais. O servizo permanece aberto de luns a venres, na casa consistorial, e pódese obter cita chamando ao 981 500000, ext. 121, ou ben no e-mail: cim@concellodearzua.com.