El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Rexeitan que a Asociación de Pais de Brión vetase a exhibición da Garda Civil

Afirma a ANPA que non se informou ás familias por faltade "datos relevantes"

M. M. O.   | 22.05.2019 
A- A+

A ANPA do colexio de Brión vén de emitir o seu propio comunicado sobre a ausencia de alumnos na recente exhibición solidaria da Garda Civil que acolleu o pavillón municipal, atribuindo á Benemérita a organización e ao Concello o patrocinio da actividade. Do mesmo xeito, negan deixadez de funcións ou que vetaran o acto, explicando que non informaron aos socios porque non tiñan "datos relevantes a maiores dos que publicitaron os organizadores".

Así, por unha banda, precisan que na Consellería de Educación "non se solicitou e, polo tanto, non se autorizou o uso do centro para a exhibición", aludindo a que prevíase o tránsito polos espazos do CEIP de asistentes á mesma. Tamén deixan claro que a súa directiva "limitouse a solicitarlle ao consello escolar e ao centro que reivindicasen as instalacións para un uso exclusivamente do colexio".

Tampouco se esquecen de citar que "este tipo de actos adoitan estar envoltos en polémica polo contido dalgunhas das iniciativas", e sobre a toma de contacto previa que mantiveron co Instituto Armado, limitáronse a trasladar no organismo escolar que a decisión de acudir ou non á demostración fose "decisión de cada familia".