Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo pide colaboración ós veciños para corrixir topónimos incorrectos

O Concello está a levar a cabo a actualización de todos os nomes dos lugares do municipio

Rianxo. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo fixo un chamamento á veciñanza para colaborar na identificación da toponimia incorrecta de estradas, rúas e camiños do municipio.
Dito servizo vai facer a revisión e actualización da toponimia oficial do Concello, que se pode consultar na páxina web de Toponimia de Galicia fixada pola Comisión de Toponimia da Xunta, o órgano responsable do procedemento de fixación e recuperación dos nomes de lugar de Galicia.
Nalgúns lugares rianxeiros pódense ver topónimos mal escritos, castelanizados ou con erros, que moitas veces levan longo tempo así, mesmo antes da aprobación da toponimia oficial. Un exemplo podémolo atopar nos paneis indicadores da rotonda a carón da ponte de Catoira, que poñen Bacariza, cando o topónimo correcto é A Vacariza.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

19 ago 2017 / 18:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito