El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Ribeira celebrará esta fin de semana a primeira feira da cervexa artesá

ECG   | 11.07.2018 
A- A+

A primeira edición da cervexa artesá celebrarase en Ribeira dende o venres 13 ata o domingo 15. A asociación Riveira Beer Fest será a encargada de realizar o evento. Con este festival pretenden dar a coñecer un produto elaborado de xeito totalmente artesanal e profundizar desta maneira na cultura deste tipo de cervexa.

Na Avenida do Malecón poderanse probar na degustación as distintas variedades que existen. Dende o evento consideran que se trata dun festival de carácter familiar, onde se poderá desfrutar dunha ampla programación musical, dos diferentes tipos de comida e por riba de todo, das cervexas artesás. O festival vai inlcuir concertos en vivo, premios para as mellores cervexas e tamén obradoiros para os máis cativos. Ademais, os tres días de festival estarán dispoñibles unha serie de xogos tradicionais destinados a todo tipo de idades.

Os organizadores da feira da cervexa artesá agardan cumprir as expectavivas creadas e poder organizar máis edicións nos vindeiros anos.