El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Ribeira eliminará sete vertedoiros incontrolados

A Consellería de Medio Ambiente comezou esta semana cos traballos

Cartelería en Ribeira advertindo de multas por verteduras - FOTO: ECG
Cartelería en Ribeira advertindo de multas por verteduras - FOTO: ECG

JUAN CAAMAÑO   | 09.11.2018 
A- A+

A Consellería de Medio Ambiente comezou esta mesma semana os traballos para eliminar un total de sete vertedoiros incontrolados na localidade de Ribeira. Os puntos que se atopan dispersados por varios lugares do municipio son o Camiño dos Remedios, Braña de Muro, Castiñeiras, A Fieiteira Outeiro das Ovellas, Muíño de Correa e Mar de Couso. Esta actuación sumarase ás realizadas en anos anteriores, como as que se levaron a cabo nos anos 2014 e 2015 onde se eliminaron ao redor de trinta depósitos desde tipo.

A maioría do lixo acumulado nestas zonas está formado por plásticos, material e restos de obras, pneumático e madeira. A actuación consistirá entón na clasificación e retirada de refugallos. Os distintos operarios que leven a cabo os traballos de limpeza teñen previsto restablecer a vexetación da zona evitando así que a degradación ambiental nos distintos puntos sexa a mínima posible.

Fai tan só uns días, o Concello ribeirense anunciaba a adxudicación da obra para eliminar as verteduras de augas residuais que van a parar a praia de Mosqueiros situada na parroquia de Castiñeiras. A actuación consistirá na instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo, formada por 175 metros de lonxitude de tubaxe de 315 milímetros, outros 35 metros de tubaxe de 250 e nove pozos de rexistro.Os vertidos de augas residuais nesta praia véñense detectando desde hai anos polo que distintos veciños da zona viñan demandando unha actuación.