El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Ribeira prepárase para dez días de festa coa súa Dorna

A festividade, no seu mellor momento, cumpre hoxe 68 anos // Aspira a ser declarada de Interese Turístico Nacional

FESTA DA DORNA Participantes de diferentes peñas saúdan durante un evento da festa - FOTO: Páxina web Festa da Dorna
FESTA DA DORNA Participantes de diferentes peñas saúdan durante un evento da festa - FOTO: Páxina web Festa da Dorna

XURXO G.G. RIBEIRA   | 15.07.2016 
A- A+

Unha especie de Entroido gaditano sen disfraces, en pleno xullo e con aroma a brisa da ría arousana. Pouco ten que envidiar a Festa da Dorna a calquer outro evento de similares características ó longo da xeografía peninsular. Porque a celebración ribeirense, que hoxe comeza, teno todo para triunfar.

Ós seus 68 anos, á Festa da Dorna non lle pesan os achaques da idade. Cada día goza de mellor saúde. Cando outros se xubilarían, ela segue máis impertérrita que nunca.

Moita desa culpa tena a Cofradía da Dorna, que logrou superar os anos de crise para voltar a afianzar unha festa que a día de hoxe é unha referencia en Galicia. "O derradeiro ano pasaron por Ribeira 20.000 persoas. Este, aspiramos a máis", explica José Pazó, un dos 40 membros da xunta directiva da asociación.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt