El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Rutas mariñeiras a bordo dun veleiro histórico a través da ría de Camariñas

Serán os días 17, 18 e 19 no marco da feira mariñeira e terán un custo de dez euros

J. M. RAMOS   | 11.08.2018 
A- A+

O balandro de cabotaxe Joaquín Vieta, de dous paus e 18 metros de eslora, construído entre os anos 1915 e 1916, atracará os días 17, 18 e 19 deste mes en Camariñas para ofrecer a veciños e visitantes a posibilidade de desfrutar de rutas mariñeiras pola ría.

A iniciativa enmarcase na programación da feira mariñeira Camariñas, o mar todo. O venres 17 zarpará ás 16.30 e 18.30 horas; o sábado 18 ás 11.30, 13.30, 16.30 e 18.30 e o domingo 19 ás 11.30 e 13.30 horas. O prezo da viaxe será de 10 euros e os billetes poderán mercarse na Oficina de Turismo de Camariñas e no propio barco.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt