El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Senda peonil entre O Vilar e Rabuceiras, en Malpica

P. R. M.   | 16.05.2019 
A- A+

O Plan Único da Deputación da Coruña financia con preto de 160.000 euros as obras de construción de dúas sendas peonís nas marxes dereita e esquerda da estrada AC-414 ao seu paso polos núcleos de O Vilar e As R­abuceiras, en Malpica.

O obxectivo é contribuir a garantir a seguridade dos peóns nun tramo que carece de beirarrúas ou pasos seguros para os veciños, a pesar de tratarse dunha estrada con características de travesía urbana, onde se localizan numerosas vivendas. As novas sendas discorrerán de forma paralela á calzada, cun ancho de dous metros e bordillo de seguridade, que se rebaixará nas zonas de acceso aos docimicilios particulares.

O firme será de aglomerado pintado en cores claras. O proxecto contempla tamén a creación de novas aparcamentos.