El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Sesións de contacontos e obradoiro de entroido nas bibliotecas amesás

A.P.   | 01.02.2019 
A- A+

Ames. A concellaría de Educación e Cultura de Ames prepara unha ampla programación de contacontos para os meses de febreiro e marzo, que consta de oito sesións e dous obradoiros de máscaras de entroido.

Durante os meses de febreiro e marzo, as bibliotecas municipais de Ames acollerán varias actividades de animación á lectura, que consistirán en catro sesións de contacontos en febreiro e outras catro en marzo, mes no que tamén se realizarán dous obradoiros de máscaras para celebrar o Entroido. Todas as actividades serán de balde.

As sesións de contacontos están dirixidas a nenas e nenos entre os 3 e os 8 anos. A primeira, que terá lugar no mes de febreiro, presentarase baixo o título De quen será este ovo?, e celebrarase o mércores 13 de febreiro na biblioteca de Milladoiro e o xoves día 14 na de Bertamiráns.

Pola súa banda, a primeira das sesións de contacontos do mes de marzo terá lugar o mércores día 13 de marzo na biblioteca do Milladoiro baixo o título 1, 2, 3 sen mover as mans nin os pés, e ao día seguinte, celebrarase en Bertamiráns.

O número de prazas será limitado, polo que a inscrición deberá tramitarse entre o 25 de febreiro e o 6 de marzo a través dos teléfonos 981 884 829 (Bertamiráns) e 981 530 807 (Milladoiro) ou no enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.