El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Os sombreiros de palla que protexen do sol e da choiva

Unha asociación artesán de Baíñas súmase á recuperación dos 'sancosmeiros' // Impartiron un obradoiro para visitantes no castelo vimiancés

Co obradoiro abriuse o programa Artesanía Viva - FOTO: J. M.
Co obradoiro abriuse o programa Artesanía Viva - FOTO: J. M.

J. M. RAMOS  | 10.08.2018 
A- A+

Os segredos e as técnicas do tecido en palla forons postos onte ao descuberto no castelo de Vimianzo, no marco do primeiro obradoiro do programa Artesanía en Vivo, unha iniciativa do Concello soneirán que pretende reivindicar a tradición cultural e dinamizar o patrimonio achegando ao público á historia e a cultura dun modo diferente.

As artesáns da asociación Arte en Palla, de Baíñas -recentemente constituida- non só amosaron a veciños e visitantes o seu bo facer, senón que tamén lles ensinaron a trenzar a palla de trigo e centeo coa que elas están contribuindo, xunto con outros colectivos de Mazaricos e Outes, a manter vivo o arte dos tradicionais "sancosmeiros", tamén coñecidos como "sombreiros de rabos" que, segundo din, protexen tanto so dol como da choiva, pois non deixan pasar a auga.

"Nada que ver cos dos chinos", afirma Mari Carmen González, a presidenta de Arte en Palla. Estes sombreiros pódense dobrar e pranchar, e "si se coidan poden durar a vida dunha persoa". Unha das claves da súa calidade está nas pallas, que "só recolleitan no cuarto de lúa" seleccionando as mellores. Despois humedécenas e poñenas a secar ao sol. O bo facer das artesáns no trenzado complementa un produto que, tradicionalmente, se remataba cunhas cintas de tea de cor negra -ou roxas se eran para rapazas novas-, explican.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt