Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tres novas incorporacións á Academia Xacobea en Noia

Agustín Dosil, José Fernández e Isidro García ingresaron onte na entidade // Ao acto acudiu o conselleiro de Cultura

A Academia Xacobea, que preside o avogado e político Xesús Palmou, celebrou onte no Coliseo Noela de Noia unha sesión solemne durante a cal ingresaron como académicos de número tres novos membros: o noiés Agustín Dosil Maceira, presidente da Archicofradía; José Fernández Lago, canónigo lectoral da Catedral de Santiago; e Isidro García Tato, historiador e investigador do Instituto Padre Sarmiento.

Ademais do presidente da entidade, tamén participaron no acto o alcalde de Noia, Santiago Freire, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, quen salientou durante a súa intervención a contribución de institucións como a Academia Xacobea ao estudo, investigación e divulgación das peregrinacións a Santiago de Compostela.

Rodríguez tamén destacou a importancia de analizar o feito Xacobeo desde o estudo e a reflexión, un feito recollido no Plan Estratéxico do vindeiro Ano Santo. Neste sentido, puxo en valor a necesidade de abordar o fenómeno do Camiño de Santiago desde "diferentes ángulos de coñecemento" co fin de afondar nos seus valores culturais, sociais e patrimoniais.

Pola súa banda, Dosil abundou no seu discurso na importancia da investigación, de "ter presente o pasado para proxectar o futuro", pois "agora máis que nunca é necesario afondar no que somos", dixo.

24 oct 2019 / 21:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito