El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A MAÍA

O tripartito adxudicou as telecomunicacións amesás por un cuarto de millón

M.M.O.   | 18.05.2018 
A- A+

O tripartito amesán vén de adxudicar (por 263.158 euros e á UTE Telefónica-Movistar) o contrato do servizo de telecomunicacións (fixa e móbil), acceso á Internet de banda ancha e transmisión e almacenamento de datos do Concello de Ames.

Este novo contrato implica varias melloras de calado para a administración local, coma o incremento da velocidade de acceso á Internet, que chegará ata os 250Mb simétricos dende os escasos 20Mb actuais, e tamén da velocidade de conexión coas sedes remotas (no Milladoiro) que chegará aos 60Mb, o que fai posible unha xestión máis áxil da documentación. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt