El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Un 30% dos concellos de Área non conta con ningún pediatra

Catro municipios perderon a súa praza de facultativo infantil desde 2010 // A comarca conta con 57 destes especialistas na Atención Primaria// En medicina xeral, as cifras son similares ás rexistradas a nivel global galego.

Centro de saúde de A Estrada, un dos concellos nos que medra o número de médicos   - FOTO: Sangiao
Centro de saúde de A Estrada, un dos concellos nos que medra o número de médicos - FOTO: Sangiao

XURXO G.G.  | 22.08.2016 
A- A+

Un 30% dos concellos de Área de Compostela non conta con ningún pediatra no servizo de Atención Primaria. En total, en 15 das 50 vilas da comarca non hai asignados facultativos para atender a rapaces, segundo os derradeiros datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) correspondentes ó ano 2015. Nos últimos 5 anos, a cifra de municipios con ausencia total deste tipo de especialistas medrou en catro. A Baña, Porto do Son, Dumbría e Vimianzo son as vilas que perderon a asignación dunha praza de pediatría coa que contaban en 2015. Ademais dos citados, as outras vilas con ausencia total de médicos infantís seguen a ser Boqueixón, Mazaricos, Frades, Tordoia, Touro, Dodro, Carnota, Laxe, Malpica, Corcubión e Muxía.
En total, o número de especialistas na comarca é de 57. Unha cifra practicamente igual á de 2010, cando eran 58 os pediatras repartidos ó longo de Área. A nivel global, os 57 médicos infantís  actuais supoñen o 17,48% dos 326 que forman parte do servizo de Atención Primaria en Galicia.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt