Noticia 1 de 1
Área de Compostela |
RSS
Un camión sae da vía e derrama combustible

Imaxe do camión incendiado en Lousame tras saírse da vía e caer por un terraplén - FOTO: C.G.
E. P. LOUSAME | 12.07.2019
O Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias desprazouse onte ata Lousame para intervir na contención do combustible derramado no regato de Tállara, a causa do camión que se incendiou tras saírse da vía e caer por un terraplén, e cuxo condutor tivo que ser evacuado ao Hospital Clínico de Santiago polos servizos sanitarios de urxencia. O GALI desprazouse cun C.R.G de 1.000 litros e distinto material absorbente para frear o combustible derramado. Ademais dos técnicos de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e persoal do distrito forestal da zona, interviñeron no operativo posto en marcha polo 112 os Bombeiros de Boiro, GES de Brión, voluntarios de Protección Civil de Lousame e os efectivos de emerxencias de Boiro.
