Jueves 17.10.2019 Actualizado 10:46
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Unha comarca con forte dependencia do sector primario e pouca industria

Así o recolle o Informe de Conxuntura Económica elaborado sobre Noia polos clubs financeiros de Santiago e Atlántico

Roberto Pereira, pola esquerda, Santiago Freire e autoras do estudo onte durante a presentación - FOTO: Concello de Noia
Roberto Pereira, pola esquerda, Santiago Freire e autoras do estudo onte durante a presentación - FOTO: Concello de Noia

MARÍA CANO NOIA   | 21.09.2019 
A- A+

O peso da industria en Galicia continúa baixando e a súa achega ao Valor Añadido Bruto (VAB) é do 18,3%, mentres que o sector servizos representa un 69,4% do mesmo. En Noia, a industria solo aporta un valor del 9,8%, e na comarca do Barbanza esta porcentaxe aumenta ata un 31,6%.

Son datos que se extraen do Informe de Conxuntura Económica (ICE), editado polo Club Financeiro de Santiago e Atlántico co obxectivo de dar a coñecer a realidade económica da provincia de A Coruña. O mandatario local, Santiago Freire, e o presidente do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira, foron os encargados de presidir onte, no salón de plenos noiés, o acto no que se deu a coñecer o informe cos resultados da comarca de Noia.

A información obtida amosa que é fundamental aumentar o peso da industria e promover a súa diversificación máis aló do sector téxtil e da automoción. Os expertos recomendan poñer o foco en áreas produtivas con forte compoñente de I+D+i que, ademais, poidan ser unha saída laboral para o capital humano de alta cualificación que xeran as universidades galegas.

O ICE foi presentado polo equipo investigador, integrado por 5 expertos economistas: David Rodríguez, profesor de Análise Económica da Universidade da Coruña e as profesoras da Universidade de Santiago de Compostela Emilia Vázquez (de Economía Cuantitativa), María Bastida, (de Organización de Empresas e Comercialización), Maite Cancelo (de Economía Aplicada) e Miguel Vázquez Taín (de Economía Pública e Sistemas Fiscais). O estudo destaca que Muros é a área coa poboación máis envellecida, un 33,2% das persoas son maiores de 64 anos. Na zona noiesa, o sector servizos é o que ten máis peso cun 73% das porcentaxes, seguido do sector primario cun 11,5%, mentres que Muros ten a porcentaxe máis alta da provincia de contratos no sector primario (un 47%). A comarca de Noia ten unha pensión media de 790 €, Muros 804 € e Barbanza 848 €, e unha débeda por habitante moi baixa de 50 €, de 154 € e de 169 euros, respectivamente.